Tramita a tua licenza federativa

A licenza Autonómica Senior é a máis habitual, a que necesitan os practicantes de calquera modalidade dos deportes subacuáticos. A licenza federativa cóbreche durante un ano cun seguro de accidentes e Seguro de RC , formarás parte do colectivo de deportistas federados nunha federación deportiva recoñecida , adscrita ao Consello Superior de deportes e axudarás á defensa e promoción dos deportes subacuáticos en Galicia.

Ademais servirache como permiso para o transporte e tenencia e compra do fusil submariño. Nas tendas nas que os venden pídenche a licenza federativa para poder comprar un fusil e ademais deben levar un rexistro da quen llo vende.

O prezo desta licenza federativa é de 50 euros a senior autonómica e de 60 euros a licenza única (competición nacional).

Podes federarte seguindo o seguinte enlace, pagase con tarjeta e en canto nos sexa posible tramitaremola, despois chegarache un correo electrónico da Federación Española (FEDAS) ao enderezo que nos haxas indicado, co certificado da licencia, válido a todos os efectos. Se teñes calquer problema podes comunicarte con nos escribíndonos un correo a club@nauga.es.