Cómo obter a licenza de pesca submariña en Galicia paso a paso

 

 

Aquí indicámosvos os pasos para a obtención da licenza de pesca submarina en Galicia. Os requisitos para poder obter o permiso son: Ter cumpridos os 16 anos, e presentar a seguinte documentación para a solicitude ou renovación anual:

  • Impreso de solicitude – Modelo PE405A (se puede recoger en las oficinas del  Registro General de la Xunta de Galicia o descargar desde la página web: http://sede.xunta.es)
  • Autorización asinada polo pai nai ou titor legal, no suposto de menores de idade.
  • DNI
  • Certificado médico oficial (actualmente realízano en médicos privados ou psicotécnicos) no que se indique que é apto para a práctica da pesca submariña.
  • Licenza federativa FEGAS, podes tramitala picando desde aquí : tramitar a miña licenza Federativa FEGAS.
  • Abonar a taxa da Xunta de Galicia establecida.

Tamén é posible a  convalidación dunha licenza outorgada por outra Administración Pública nacional ou dun Estado membro da Unión Europea. Para iso será necesario achegar copia da licenza expedida pola devandita Administración xunto co xustificante de abono da taxa correspondente.

Aquí explico paso a paso o que eu fago para a obtención da licenza de pesca submarina en Galicia:

  1. Certificado Médico
  2. Federarse
  3. Pago de taxas
  4. Instancia de solicitude
  5.  Tes 2 opcións
    1. Acudir físicamente a Delegación de da Xunta
    2. Tramitala vía on-line

 

1.- Certificado Médico

 

O primeiro é pasar o recoñecemento médico. Se non estás apto non sigas. É imposible obter a licenza sen o recoñecemento así o mellor é empezar por aquí. Non todos os centros médicos fan este tipo de recoñecementos e os prezos varían moito dun centro médico a outro.

O mellor é chamar antes e preguntar. Debes indicarlle ao médico, que debe poñer explicitamente, apto para a pesca submarina a pulmón libre.


 

2.- Federarse

 

A licenza Senior Deportiva é a máis habitual, a que necesitan os practicantes de calquera modalidade dos deportes subacuáticos. A licenza federativa cóbreche durante un ano cun seguro de accidentes e Seguro de RC e tamén o permiso para o transporte e tenencia e compra do fusil submarino. Nas tendas nas que os venden pídenche a licenza federativa para poder comprar un fusil e ademais deben levar un rexistro da quen llo vende.

O prezo desta licenza federativa é de 45 euros a senior e de 55 euros a de técnico ou competición estatal.

Podes federarte cubrindo a seguinte documentación, realizando o ingreso á conta onde se indica na mesma e enviándoo todo a club@nauga.es , non esquezas indicarnos no teu email se queres recibila no teu domicilio ou pasar a buscala e facernos unha visita pola tenda de Nauga na Coruña.

Una vez enviados los documentos, serás dado de alta y recibirás en el mail que nos indiques en la documentación un certificado de la licencia federativa, que será válido para poder tramitar tu licencia de pesca submarina.


 

3.- Pago das taxas

Como terceiro paso temos que pagar a taxa correspondente. No ano 2021 a taxa é de 15,16 Euros. Pódese comprobar nesta ligazón corresponde á taxa 30.17.02 e) Clase C (anual) e está na páxina 9.

Documento das tarifas das taxas vixentes no 2022 da Xunta de Galicia

O modelo de autoliquidación pódese pedir nalgunha delegación da Xunta de Galicia e cubrilo a man ou facelo de forma telemática no portal da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia. Nesta ligazón pódese pagar directamente a taxa ou descargar o modelo para pagar directamente no banco.

Enlace para o pago das Taxas on-line

Os códigos que debes cubrir son os seguintes:

Consellería: Código 12 – MAR

Delegación: Escoller o código da delegación onde se vaia a presentar a documentación. Códigos:

10 – A Coruña
11 – Ferrol
12 – Ribeira
13 – Servizos Centrais
14 – Ordes
20 – Lugo
21 – Celeiro
22 – Vilalba
30 – Ourense
31 – O Barco de Valdeorras
40 – Pontevedra
41 – Vigo
42 – Vilagarcía de Arousa

Servizo: Código 06 – RECURSOS MARIÑOS

Taxa: o código é 301702 Licenzas de Pesca Marítima de Recreo (Concesión, Renovación, Duplicado).

“ Obxecto de pago”: poñemos «Obtención licencia de Pesca Submarina»

A ingresar: 15,16 Euros taxa vixente en 2021 como vimos antes.

O impreso unha vez cuberto pódese pagar directamente na páxina web de forma telemática ou descargalo e imprimilo. Neste último caso funcionaria igual que o modelo autocopiativo  que entregan nas delegacións da Xunta para pagalo nunha sucursal das entidades financeiras colaboradoras na recadación.


 

4.- Instancia da solicitude

Cubrir a instancia de solicitude ou renovación da licenza da Xunta. é o Modelo PE405A (pódese recoller nas oficinas do  Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou descargar picando aquí :

Modelo PE405A

O procedemento chámase exactamente CONCESIÓN DE LICENZA PESCA MARÍTIMA DE RECREO SUBMARINA e en moi fácil de cubrir. Basicamente datos do solicitante, marcar obtención/renovación de licenza e anual, a documentación que se achega e data e firma. Tamén é posible a  convalidación dunha licenza outorgada por outra Administración Pública nacional ou dun Estado membro da Unión Europea. Para iso será necesario achegar copia da licenza expedida pola devandita Administración xunto co xustificante de abono da taxa correspondente.


 

5.  Opción 1: Acudir físicamente a la Delegación da Xunta

E só queda acudir á delegación da Xunta que escollas levando:

  • A solicitude asinada Modelo PE405A
  • Fotocopia da licenza federativa ou o certificado que che chegará por mail
  • Fotocopia do certificado médico (Quedo o orixinal por se me vale para o seguinte ano)
  • E o xustificante do pagamento da taxa.

E sairás de alí coa licenza de pesca submarina na man.

Ollo , debes pedir cita previa para que che atendan.

Opción 2: Tramitala vía sede electrónica da Xunta de Galicia.

Para tramitala desta maneira é necesario estar en posesión da CHAVE, DNI electronico ou do CERTIFICADO DIXITAL.

Se tes unha destas 3 opcións debes facer unha solicitude PE405A da Xunta de Galicia a través deste enlace PE405A- Concesión de licenza de pesca marítima de recreo – Sede Electrónica – Xunta de Galicia . Debemos ter a man, os seguintes documentos xa que os debemos achegar :

1- Certificado da licenza Federativa ( a federación Galega de Actividades subacuáticas envíanolo ao e-mail en canto nos federemos)Pincha aquí para federarte 

2- Certificado médico escaneado

3- Pago das taxas. Podes pagar on- line, desde a páxina da solicitude da licenza de pesca, serás redirixido ao pago on- line.

Achegando estes documentos na solicitude PE405A, en poucos días, a veces, minutos, a Xunta remitiranos a licenza de pesca ao noso correo electrónico que indicásemos e todo listo sen movernos do computador.